PROXECTOS GRÁFICOS ALDINE
www.turferrol.com
PROXECTOS GRÁFICOS ALDINE
>> Ref: 784
María, 11
   Coordenadas GPS:   long 8 13 45 O // lat 43 29 9 N
981320235 |
aldineferrol@gmail.com
www.aldine.es
Proxectos Gráficos Aldine Ferrol, S.L. é unha empresa de deseño gráfico cuxa finalidade é axudar aos nosos clientes a potenciar e expandir os seus negocios mediante servicios integrais optimizados. Ofrecemos solucións gráficas productivas, eficaces e de calidade, de xeito rápido e asequible e combinando harmoniosamente deseño, mensaxe, imaxe e publicidade.

Realizamos impresións a toda cor na mellor calidade de mercado, directamente desde un ordenador a partir dun documento ou arquivos xerados con calquera programa ou plataforma, a partir dunha unidade e sen límite de cantidade.
Dispoñemos de laminación e encuadernación para protexer as impresións e dar acabados de alta resistencia e durabilidade.
- cartelería diversa (carteis, folletos, flyers, carátulas de CD’s, adhesivos, calendarios,...).
- deseño de logotipos (logosímbolo, cores corporativas, papelería, tipografía corporativa e complementaria, manual de estilo, ...).
- deseño editorial (catálogos de produtos, manuais de uso e documentación, folletos publicitarios de varias páxinas, libros, publicacións periódicas, ...).
- tarxetas comerciais
- transferencia térmica para textís
- rotulación de vehículos
- lonas e posters exteriores de longa duración en gran formato (escaparates, lonas, displays, valos publicitarios,...)